miércoles, 26 de junio de 2019

     

         Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóxica, tódolos días. Unha vez recollidos, publicáronos na web de meteogalicia.






lunes, 17 de junio de 2019

GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP


Dous grupos de rapaces/zas decidiron participar no concurso “Galicia, auga, literatura e rap”. Neste concurso é necesario realizar un rap moi especial, pois ten que ser un poema relacionado coa auga e o coidado do medio ambiente, ademais de pertencer a algún dos grandes autores da literatura galega.
Os poemas elixidos pertencen a Rosalía de Castro e son os seguintes: “Como chove miudiño...” e “Vente rapasa...”
Cada grupo expresou de diferente forma o seu propio punto de vista. Podedes ver o resultado no seguinte enlace. Obtendo un deles o segundo premio na correspondente categoría.


martes, 11 de junio de 2019

RECOLLIDA DE NOTICIAS DO XORNAL

Durante o curso estivemos traballando co xornal na aula e descubrimos unha sección moi interesante sobre o tempo. Así, os nenos e nenas realizaron unha recollida con diferentes noticias sobre as que reflexionaron. Dentro deste grupo de noticias é necesario destacar algunas delas polo traballo que realizaron. En primer lugar e aproveitando que estabamos a traballar a Idade Moderna e o descubrimento de América, os rapaces descubriron que ruta seguiu Colón e sobre todo como fixo a súa viaxe de volta, comprendendo mellor que é un anticiclón e como son os ventos ao seu arredor.




Doutra bando estiveron a traballar cunha noticia relacionada co cambio climático e a utilización de combustibles fósiles, na que se mencionaba que fai    anos xa se coñecían os efectos contaminantes, malia que non se fixo nada para minorizalos. A partir desta noticia xurdiron un montón de preguntas e inquedanzas que derivaron nun debate. 

Mesmo tamén descubriron que a capa de Ozono está de novo ameazada e que non todos os países están a cumplir o pactado, incrementando a contaminación e destruindo este escudo natural que nos protexe.



viernes, 7 de junio de 2019

EXCURSIÓN

Para complementar o traballo realizado anteriormente sobre a calidade do aire e aproveitando unha saída a un entorno rural e natural, os rapaces recolleron musgos e descubriron a súa relación coa calidade do aire.
Velaquí as mostras que recolleron.


martes, 4 de junio de 2019

RESULTADOS ENQUISA MEDIO AMBIENTE



      Despois de realizar as enquisas a máis de cen sarrianos, puxémonos a traballar con tódolos datos acadados , e comparándoos cunha enquisa realizada polo Centro Eurepeo do Consumidor, telefonicamente, á poboación de distintas partes de España, podemos dicir que os sarrianos están a altura do resto de España, en canto a temas medioambientais, incluso, nalgúns casos, por riba deles.
       Podedes ver os resultados no seguinte PDF.
 
 
 
 

jueves, 23 de mayo de 2019

CONTO MEDIOAMBIENTAL

Lendo o xornal atopamos unha noticia relacionada con cambio climático e as súas causas. Entre elas atópase o consumo desmesurado dos plásticos. Despois de lela e comprendela moi ben estivemos falando da súa incidencia nos ecosistemas, decidindo transformala nun conto coa intención de concienciar aos rapaces máis pequenos. Así xurden os seguintes contos, basadas nesta interesante e realista noticia.
Velaquí os resultados.








               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...